luns, 12 agosto 2024

Vigo ampliará o servizo da protectora municipal a partir de setembro

luns, 12 ago 2024

Mensualmente o Centro Municipal de Protección Animal acolle a 240 cans e 140 gatos que xeran un importante volume de traballo. O Centro do Concello contará con servizos veterinarios, de lacería e coidadores durante as 24 horas do día Vigo, incluídos domingos e festivos. O alcalde reuniuse coa actual protectora de animais de Vigo para agradecerlle a labor realizada ata o de agora no benestar dos animais da cidade.

Abel Caballero: "Trazamos en Vigo a senda da igualdade e da loita contra os maltratadores cos programas educativos"

luns, 12 ago 2024

O goberno municipal destinará más de 48.000 euros aos programas educativos “Enlaza Vigo contra a violencia de xénero” e “Camiña con nos pola igualdade”, dirixidos á formación e concienciación dos xóvenes sobre a igualdade e contra a violencia machista. Así o anunciou este luns o alcalde ao destacar o acordo adoptado na última Xunta de Goberno. “Trátase de trazar en Vigo a senda da igualdade e da loita implacable contra os maltratadores”, afirmou Abel Caballero.