luns, 12 dec 2022
O alcalde explicou en rolda de prensa que se trata dun nivel de afluencia “que non sucedeu nunca”. O Belén de Nadal “rexistrou 74.000 visitantes” dende o 26 de novembro ata onte.
luns, 12 dec 2022
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a oitava edición do Torneo de Nadal-Concello de Vigo de fútbol, cuxa organización encargou a Afavi, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, e á Fundación VIDE.
luns, 12 dec 2022
O alcalde participa este luns na entrega das becas coas que o goberno municipal quere contribuír ao desenvolvemento das carreiras de 45 deportistas de alto nivel en diferentes disciplinas: vela, tríatlon, motociclismo, tenis adaptado, judo, squash, natación, atletismo, atletismo adaptado, bádminton, taekwondo, esgrima, ximnasia trampolín e orientación. Amais destas axudas, Caballero salientou os 2 millóns de euros de achega municipal ao deporte da cidade, que se suman ao financiamento das instalacións deportivas, á gratuidade do uso dos campos de fútbol ou ás subvencións aos pavillóns deportivos.
luns, 12 dec 2022
Durante o ano 2022, o goberno local adxudicou xa máis de 43.000 achegas de emerxencia que beneficiaron a preto de 12.000 persoas. Na última comisión de valoración outorgáronse 130 axudas, das que 48 foron para vivenda.