Vigo alcanza un 93% de ocupación hoteleira “durante toda a macroponte de decembro”
O alcalde explicou en rolda de prensa que se trata dun nivel de afluencia “que non sucedeu nunca”. O Belén de Nadal “rexistrou 74.000 visitantes” dende o 26 de novembro ata onte.
O inicio do mes de decembro deixa na cidade unha ocupación “impresionante”, que chegou ao “93% durante 10 días seguidos”. Abel Caballero quixo enfeitizar que “nesta época había en España destinos moi importantes, pero agora é Vigo”.
O elevado número de visitas do Belén da Casa das Artes é unha mostra do nivel de afluencia do alumeado de Nadal de Vigo, xa que alcanzou os 74.000 visitantes dende a súa apertura o 26 de novembro ata este domingo, tendo no sábado 10 de decembro o día con maior número de visitas, chegando ás 7.847 persoas. Como remarcou o alcalde “o nivel de afluencia a Vigo esta sendo excepcional” reforzando cada día a “marca cidade, ocupando un lugar central en Europa”.