mércores, 30 xan 2019
O Concello sitúase unha vez máis como a cidade española que antes abona as súas facturas, cun prazo que en decembro foi de sete días, cando a media das corporacións locais é de 59 días. Os datos, ofrecidos polo goberno de Vigo no pleno deste mércores, indican que o Concello efectuou máis de 13.000 pagos o ano pasado por importe superior aos 146 millóns.
mércores, 30 xan 2019
A Corporación Municipal aprobou hoxe mércores esta moción, presentada e avalada polos votos do goberno de Vigo e apoiada por Marea. O acordo demanda a Núñez Feijóo a "cumprir coas súas obrigas" como presidente e a implantar en Vigo un campus de Formación Profesional, "competencia exclusiva" da Xunta de Galicia.<br />
mércores, 30 xan 2019
Cos únicos votos favorables dos edís do goberno vigués, o Pleno aprobou este mércores unha moción que insta á Xunta de Galicia a que "apoie o compromiso do Ministerio de Cultura co alcalde de construír un edificio emblemático e singular" e polo tanto a retirar a súa proposta de emprazar a Biblioteca nos actuais edificios dos xulgados cando estes queden baleiros.
mércores, 30 xan 2019
As Escolas Infantís Municipais de Santa Cristina e Mestres Goldar recibiron o II Recoñecemento "Suso Jares" de programas e experiencias de convivencia escolar e de paz, nun acto no que Abel Caballero salientou que o 82% das prazas destes centros están subvencionadas polo Concello.
mércores, 30 xan 2019
A Corporación aprobou a moción presentada por Marea, coa abstención do grupo de goberno, que require da administración autonómica a cesión da PO-330 e a sinatura dun convenio co Concello para a súa "urbanización completa". O texto pide ademais un estudio de mobilidade na zona.