Escoitar

O Pleno reclama ao goberno autonómico un plan de choque e un campus de FP

A Corporación Municipal aprobou hoxe mércores esta moción, presentada e avalada polos votos do goberno de Vigo e apoiada por Marea. O acordo demanda a Núñez Feijóo a "cumprir coas súas obrigas" como presidente e a implantar en Vigo un campus de Formación Profesional, "competencia exclusiva" da Xunta de Galicia.<br />

mércores, 30 xan 2019
A moción recorda que Vigo conta coa "maior demanda de formación profesional de Galicia e unha das máis importantes de España", debido ao peso de sectores como a automoción, naval ou a pesca. Así, e dado que o artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia recolle que a formación profesional é ensino regrado a financiar en exclusiva pola administración autonómica, o Pleno aprobou este mércores "instar a Alberto Núñez Feijóo a cumprir coas súas obrigas como presidente da Xunta" e "implantar un plan de choque urxente de FP de Vigo, utilizando as instalacións das que xa dispón". Estes acordos compleméntanse coa demanda ao goberno de Feijóo de "poñer en marcha o campus de FP necesario para a cidade de Vigo".