luns, 17 abr 2017
O alcalde explicou que, segundo os datos do Ministerio de Facenda do primeiro trimestre de 2017, Vigo sitúase á cabeza das cidades españolas de máis de 75.000 habitantes que mellor pagan, cunha media de menos doce días desde a recepción das facturas. <br />
luns, 17 abr 2017
Vigo rexistrou unha ocupación turística sen precedentes na cidade, con incrementos dun 35% nas visitas á Oficina Municipal e dun 50% no uso do bus turístico. Esta cifra de visitantes, "sen precedentes na cidade", certifica o éxito da pretensión de facer do turismo un piar importante na economía de Vigo.
luns, 17 abr 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá a Challenge Cup, cuarta competición continental que a Eurozona da IWBF (Federación Internacional de Baloncesto en Cadeira de Rodas) concedeu a Vigo do 28 ao 30 de abril e que se disputará nos polideportivos municipais de Navia e Bouzas (Pavillón Pablo Beiro). O complexo de Navia, construído en 2010, verá por vez primeira unha fase final continental.
luns, 17 abr 2017
O Pavillón central das Travesas recibe esta fin de semana (sábado 22 ás 16:15 horas e domingo 23 ás 16:30) a segunda edición do Trofeo Internacional Concello de Vigo de grupos show, evento que promueve e patrocina a Concellería de Deportes e que, convocado pola Federación Galega de Patinaxe, organiza o Patín Vagalume Celtamotor.