Escoitar

O aeroporto de Vigo medra un 2,2 por centro no mes de marzo

O alcalde alude ao desvío de voos e a "actitude hostil" do Imserso, ao non programar viaxes desde a terminal olívica, como as causas que impiden un crecemento maior.

mércores, 12 abr 2017
O aeroporto de Vigo pechou o mes de marzo deste ano cun crecemento na súa actividade dun 2,2 por cento. Abel Caballero apuntou ao desvío "moi importante" de avións polos fallos no sistema antinéboa como unha das razóns que impediron un incremento maior da terminal, cuxo crecemento tería sido dun 10% de non existir esas cancelacións.

Ademais o rexedor sinalou que a "actitude hostil" do IMSERSO coa cidade, que soamente programa viaxes en avión desde Santiago e A Coruña, prexudica ao aeroporto olívico que, de contar con estes voos, "estaría cun crecemento entorno ao 15%".

Á marxe do sistema antinéboa que sufriu un "problema técnico" que se solucionou, Caballero criticou que detrás destes números na actividade aeroportuaria hai "dificultades para os pasaxeiros" e preocúpalle "moitísimo" que os usuarios do IMSERSO teñan que desprazarse ata Santiago, moitas veces en autobús desde Pontevedra. Lembrou tamén que xa lle remitiu unha carta á dirección xeral do IMSERSO pedindo que corrixa esta situación. A esa misiva que responderon que "non está nos seus pregos viaxar dende Vigo, cando son eles mesmos os que os deciden".