xoves, 30 xullo 2015

Caballero dálle a benvida a Eric Burdon que ofrece en Vigo o único concerto en España

xoves, 30 xul 2015

O alcalde achegouse esta mañá ao Auditorio Mar de Vigo para darlle a benvida ao músico británico Eric Burdon, que ofrecerá esta noite o único concerto en España. En declaracións aos medios, Caballero amosou a súa "admiración" por este cantante de blues, rhythm&blues e rock, membro fundador e vocalista de The Animals, banda coa que acadou o éxito na década dos sesenta.

O alcalde asegura que Vigo ten como obxectivo contar cunha Escola Superior de Danza

xoves, 30 xul 2015

Abel Cabalero avanzou este xoves que Vigo ten como un dos seus obxectivos contar cunha Escola Superior de Danza dada a calidade e a elevada afección que existe na cidade. Logo de manter un encontro coa directora de Danza Pasiños, o alcalde comprometouse a contar cos alumnos deste centro nas actividades lúdicas e culturais que organiza o Concello e animou a todos os centros da cidade a a incorporarse a esta iniciativa.

A Xira 40 HOT MIX ROAD SHOW volve a Vigo o venres dentro do programa VIGO EN FESTAS coas actuacións de XUSO JONES, DASOUL, SOFIA REYES, CALUM, AMELIE, MARIO JEFFERSON e HUGO NÁNDEZ & MAXIMI

xoves, 30 xul 2015

Tras o éxito da pasada edición de 40 HOT MIX ROAD SHOW na que os 40 fixeron vibrar ao aire libre a máis de 80.000 persoas en todo o país, Vigo acolle unha das 14 festas que fará aos asistentes sentir o auténtico "efecto Hot". 40 PRINCIPAIS Vigo co patrocinio do Concello de Vigo desenvolve este evento de máis de 4 horas de duración presentado polos Dj´s de 40 PRINCIPAIS EDU NARANJO e JL GARCÍA.