mércores, 10 decembro 2014

Caballero recibe en Madrid o Primeiro Premio de Boas Prácticas en Drogodependencias

Abel Caballero ratificou a aposta de Vigo pola prevención durante a recepción hoxe en Madrid do Primeiro Premio de Boas Prácticas en Drogodependencias, na que supón a primeira vez que o Concello recibe este galardón. A Delegación do Goberno para o Plan sobre Drogas e a FEMP concederon esta distinción a Vigo en "recoñecemento a unha das políticas sociais máis importantes para o Concello".

O Concello instala oito paneis que informarán do estado do tráfico a tempo real

mércores, 10 dec 2014

Cada panel informativo, ubicados en puntos estratéxicos da cidade, ofrecerá información a tempo real indicando a duración estimada e a fluidez do tráfico en tres rutas. O goberno de Vigo informará sobre posibles obras, accidentes ou manifestacións que poidan afectar á circulación. Vigo será a primeira urbe española en proporcionar tal grado de información do tráfico en tempo real, segundo salientou o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Carlos Font.

"CONSECUENCIAS" festival de curtametraxes, animación e documental

mércores, 10 dec 2014

O Concello de Vigo colabora co Festival de curtametraxes, animación e documental "Consecuencias", que se celebra no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), onde se exhibirán algúns dos traballos máis relevantes realizados en España entre 2013 e 2014. Entre as seleccionadas pola organización están Casitas, de Javier Marco; Deil, de David Rodríguez Muñiz e El hombre de Chernóbil, de Pedro Terrero.