Escoitar

Regulación de potencias e novas tecnoloxías permiten ao Concello aforrar preto de 900.000 euros en luz desde 2011

O Concello de Vigo aforrou desde 2011 preto de 900.000 euros con medidas de eficiencia como a regulación da intensidade, o apagado selectivo ou o uso de novas tecnoloxías. Así o explicou en rolda de prensa o conelleiro responsable, David Regades quen situou en 46.000 os puntos de luz na cidade, 5.000 máis que hai 7 anos.

martes, 9 dec 2014
1418131587regades.JPG
O Concello de Vigo foi quen nos últimos anos de diminuir o consumo eléctrico aumentando a potencia de xeito que desde 2011 rexistrouse un aforro estimado de preto de 900.000 euros. Así o afirmou esta mañá o concelleiro de Fomento, David Regades, nunha rolda de prensa na que repasou as catro medidas fundamentais que permitiron rebaixar este custo enerxético, aforrando en potencia e volume facturado. A primeira delas, o apagado selectivo, permite aforrar 2.848.636, kw/h, o que supón un aforro económico de 398.809 euros. A reducción de potencias con novas tecnoloxías e materiais levou consigo unha diminución de 1.993.488 kw/h e 279.088,45 euros. Os reguladores en función das horas do día e nos propios túneis implican unha rebaixa de 450.651,48 kw/h e 189.273 euros; e, por último, o adianto ou retraso da iluminación supón un aforro de 103.565 kw/h e 43.497 euros.

Tal e como explicou Regades, nestes comentos Vigo conta con 46.000 puntos de luz, 5.000 máis que hai sete anos, consumindo menos, precisou. Esta cifra adquire máis importancia se a comparamos con Madrid, que conta cun 5 millóns de habitantes e 240.000 puntos de luz. O edil explicou que trasladando esa proporción a Vigo (300.000 habitantes), á nosa cidade corresponderíanlle 14.400 puntos de luz, unha cifra moi inferior aos 46.000 que ten nestes momentos.

Tamén se referiu a outras medidas que se veñen tomando desde o ano 2007, que teñen carácter exemplarizante, como os paneis fotovoltaicos integrados na cidade. Situados en San Paio, Parque Central de Servizos, Pintor Colemiro, Parque Manucas, Doutor Marañón, Martínez Garrido, Aragón producen ao redor de 80 Mw/h e evitan a emisión de 72 tCO2 á atmósfera como o farían 5.200 árbores. Respecto das instalacións eólicas, situadas en Samil, O Vao, Matamá e PTL, indicou que produden sobre 20 Mw/h, evitando a emisión de 18tCO2, igual que 1.300 árbores.

Regades tamén deu conta dunha instalación xeotérmica no Parque Municipal de Bombeiros de Teis, para dar servizo aos sistemas de calefacción e auga quente. Trátase, explicou, de 4 pozos captación de 150 metros de profundidade ubicados no patio traseiro das intalacións. O custo deste proxecto, que convivirá cunha bomba de gasóleo, é de 47.000 euros e ten 20 anos de vida. En opinión de Regades, permitirá aforrar durante 14 anos, xa que en 6 estará amortizado un investimento que permitirá no parque un aforro enerxético dun 40 ou 45%.

Regades explicou que o 53% do gasto enerxético municipal correspóndese co alumeado público; o 14%, coas instalacións deportivas; o 12% en dependencias municipais; o 10% en centros docentes e escolas infantís, mentres que os túneis e a rede semafórica consumen un 9%.
Descargar todas as imaxes