mércores, 5 marzo 2014

O Concello regularizou a situación case mil vivendas ilegais nos últimos sete anos

A tenente de alcalde, Carmela Silva, destacou hoxe que Vigo "é unha cidade legal, na que se acabaron as irregularidades urbanísticas "herdadas" de épocas pasadas que poñían en risco o patrominio público e a seguridade das persoas que investían os seus cartos en vivendas declaradas ilegais polos tribunais. Enfatizou que nos últimos sete anos regulouse a situación de case mil vivendas "pola vía de impoñer aos infractores o cumprimento da norma".

Mesa Redonda sobre arte na Casa das Mulleres

mércores, 5 mar 2014

A Concellería de Igualdade organiza á mesa redonda "Novas creadoras, novos valores na Arte" que terá lugar este xoves, 6 de marzo ás 19:00h na Casa das Mulleres.Esta actividade pretende visibilizar e difundir a realidade das mulleres artistas, mulleres que representan os nosos valores na arte e analizar a súa situación cunha mirada de xénero.