venres, 3 xaneiro 2014

A Cabalgata de Reis contará con 13 carrozas e mobilizará a 1.200 persoas

Abel Caballero visitou hoxe no Ifevi as carrozas nas que van percorrer as rúas de Vigo as súas Maxestades de Oriente. Este ano, a comitiva estará formada por 13 carrozas, ademáis de varios grupos de animación, todos eles baixo a temática a obra de Julio Verne. Este ano, como novidade, todo o percorrido da comitiva estará protexido cunhas 1.500 ou 2.000 valas o que "supón un esforzo moi importante" para extremar a seguridade.

O alcalde compromete axuda xurídica e unha vivenda municipal de emerxencia á muller afectada polo desafiuzamento da rúa Pizarro

venres, 3 xan 2014

Abel Caballero garantiu esta mañá a veciña da rúa Pizarro que ten que abandonar a súa vivenda por non pagar o aluguer que "non irá á rúa porque nesta cidade non permitimos estas situacións". Así o avanzou logo de manter unha reunión coa afectada, con membros da Plataforma de Afectados polas Hipotecas e co concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor.