Escoitar

A Cabalgata de Reis contará con 13 carrozas e mobilizará a 1.200 persoas

Abel Caballero visitou hoxe no Ifevi as carrozas nas que van percorrer as rúas de Vigo as súas Maxestades de Oriente. Este ano, a comitiva estará formada por 13 carrozas, ademáis de varios grupos de animación, todos eles baixo a temática a obra de Julio Verne. Este ano, como novidade, todo o percorrido da comitiva estará protexido cunhas 1.500 ou 2.000 valas o que "supón un esforzo moi importante" para extremar a seguridade.

venres, 3 xan 2014
1388768005carroza.JPG
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ata o Ifevi para coñececer os detalles das carrozas nas que os Reis Magos desfilarán por las rúas de Vigo o próximo domingo, 5 de xaneiro. Baixo a temática da obra do escritor Julio Verne, trece carrozas e varios grupos de música darán vida a unha comitiva na que participarán máis de 1.200 persoas. Nesta edición e co obxectivo de extremar a seguridade, todo o percorrido da Cabalgata permanecerá valado, haberá 8 axentes de seguridade rodeando cada carroza, ademais dun cinto humano formado por 350 persoas (300 voluntarios e 50 persoas de Proteccion Civil) situados diante das valas de protección. O dispositivo de seguridade inclúe postos de emerxencias nos cruces con Alfonso XIII --onde haberá ademais unha zona reservada para personas con mobilidade reducida-- e con Colón e puntos de encontro de nenos perdidos na Porta dol Sol e na la igrexa Santiago de VIGO. Tamén se mobilizarán efectivos de bombeiros, de Policía Local e de limpeza, precisou. Ao longo do evento, tal e como engadiu o rexedor, repartiránse a lo menos, 4.000 kilos de caramelos sen glútem.

A comitiva real sairá ás 18,00 horas polas rúas García Barbón e Policarpo Sanz e a chegada, á Porta do Sol, está prevista ao redor das 21,00 horas. Respecto do tráfico, o día 5, desde as 09,00 horas non se permitirá o aparcamento en todo o percorrido e os cortes de tráfico comezarán ás 16,00 horas nas seguintes zonas: Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo; saída autopista Isaac Peral; Areal-Oporto; Areal- "Paelleira"; Colón Areal; Paseo de Alfonso; López de Neira-Doutor Cadaval; Alfonso XIII; Urzáiz-Lepanto; Urzáiz-México; Urzáiz-Vázquez Varela; Miragaia-Rosalía de Castro; Candeleiro-Rosalía de Castro; Oporto-Rosalía de Castro; República Arxentina.

Caballero lembrou que ese mesmo día 5, entre las 10,00 e as 12,00 horas, os Reis Magos visitarán hospitais e centros sociais. A continuación, as súas Maxestades achegaránse ao Auditorio Municipal, no Concello de Vigo.

As entidades colaboradoras coa cabalgata de Reis deste ano son: PSA-Citroën, Coca Cola, El Corte Inglés, Alcampo, Centro Comercial Gran Vía, Gadisa, Vaurien e Espacio siete.

Para remtar, o rexedor avanzou que cada un dos tres reis magos nomeu un "encargado" na cidade ata que cheguen o día 5 e aclarou que o de Melchor é Manuel Martín, presidente da Plataforma en defensa da Sanidade Pública, o de Gaspar é Juan Centrón, ex director do colexio Mosteiro Bembrive e defensor do ensino público e o de Baltasar é Abrahima, un emigrante de centro África moi implicado nos problemas dos emigrantes. O mundo do deporte na cidade tamén estará presente xa que as paxes das SSMM son xogadoras do Celta Baloncesto e a do carteiro real é unha nadadora de recoñecido prestixio na cidade.
Descargar todas as imaxes