Escoitar

O Concello de Vigo subvenciona con máis de 12 millóns aos usuarios do transporte público

Abel Caballero resaltou que o Concello adica máis de 12 millóns a subvencionar os viaxes dos vigueses en transporte público. Así o confirmou un día despois de que se confirmara a "conxelación real" dos prezos de todas as modalidades de bonobús para este ano 2014.

xoves, 2 xan 2014
1388671116alcalde6.jpg
O alcalde destacou a "conxelación real" para a xente de Vigo de todas as modalidades de bonobús na cidade. Concretamente, detallou, a tarxeta verde queda a 0,86 euros, cunha subvención do 0,46 euros; o de estudiante, a 0,83 euros e unha subvención de 0,49 euros; a de universitario ten un custo de 0,65 e unha subvención de 0,45 euros. A tarxeta social ten un prezo de 0,66 e unha achega pola mesma cantidade, no caso dos pensionistas e persoas mobilidade reducida en cadeira de rodas, é gratis e recibe unha subvención de 1,32 euros.

En 2013, tal e como detallou o rexedor, fixéronse 8.628.185 viaxes con bono normal, 770.548 con bono estudante; 4.294.257, pensionistas; 1.005.393 viaxes con bono universitario e, finalmente, 129.756 usos con bono social. Estas cifras de usuarios implican, dixo Caballero, que o Concello subvenciona con máis de 12 millóns de euros o transporte público na cidade.
Descargar todas as imaxes