Vigo se promocionará como destino de escapada en París, Madrid, Barcelona y Bilbao
A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe luns unha "importante" campaña de promoción de Vigo como destino turístico de corta estancia. Segundo avanzou o rexedor, as accións promocionais levaránse a cabo en París, Madrid, Barcelona, Bilbao, Oporto, Valladolid, Zamora e León.
As posibilidades turísticas de Vigo serán promocionadas en París, Madrid, Barcelona, Bilbao, Oporto, Valladolid, Zamora e León, dentro da campaña da cidade como destino de escapada. A Xunta local de Goberno adxudicou un conxunto de accións que inclúen instalar vallas publicitarias nos aeroportos e nos centros das cidades, así como a inserción de anuncios e cuñas nos xornais e radios de máis audiencia destas cidades próximas ou con boa conectividade con Vigo.
Por outra banda, a Xunta de Goberno local tamén aprobou unha subvención de 15.000 euros para financiar a temporada lírica de Vigo.
Por outra banda, a Xunta de Goberno local tamén aprobou unha subvención de 15.000 euros para financiar a temporada lírica de Vigo.