xoves, 4 abr 2013
O alcalde de Vigo, despois dunha reunión con representantes do colectivo, anunciou a organización dunha xornada para agradecer o compromiso dos case 1.200 voluntarios inscritos na Oficina Municipal de Voluntariado e fomentar a participación da cidade.
xoves, 4 abr 2013
Mañá venres, 5 de abril, enfrontaránse o Celta e o Oporto nun partido de fútbol indoor que comezará as 20,45 horas no Pavillón de Navia. Neste terceiro partido da Liga Nacional, o Celta contará coa presenza de dos emblemas do celtismo: Everton Giovanella e Michel Salgado.
xoves, 4 abr 2013
O alcalde, Abel Caballero, presidiu este xoves unha reunión cos responsables do club vigués, vicedecano do fútbol galego que a próxima tempada cumplirá cen anos e prevé, en colaboración co Concello, a realización dunha serie de actividades para conmemorar esta data.
xoves, 4 abr 2013
18 espectáculos musicais, teatrais e de danza para todos os públicos e con prezos máximos de 7 euros conforman a programación do Auditorio Municipal para abril e maio. 13 destas actuacións forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
xoves, 4 abr 2013
Dado o elevado interese espertado entre os cidadáns, como demostran as preto de 5.500 visitas recibidas dende a súa inauguración, a exposición "Arquivo Fotográfico Pacheco. Arquivo vivo" amplíase ata o domingo 5 de maio, na planta baixa da Casa das Artes (rúa Policarpo Sanz, 15.