luns, 18 out 2010
O alcalde e membros da constructora visitaron este luns a última fase do novo aparcamento soterrado en Policarpo Sanz e García Barbón, que estará rematado na segunda quincena de decembro, cumprindo "escrupulosamente" cos prazos previstos ao inicio da obra. Caballero felicitou á empresa tanto polo aparcamento como pola humanización "exemplar" en superficie, que "responde ás expectativas que tiñamos".
luns, 18 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este luns a importancia de que os mestres e mestras conten cunha formación específica para "dar resposta aos novos retos que presenta a educación na actualidade" no eido da prevención das drogodependencias. Afirmouno na visita que realizou xunta á concelleira María Méndez a un dos cursos de formación que impulsa a Concellería de Benestar Social dentro do plan de prevención das drogodependencias e que se desenvolve na Escola de Maxisterio.
luns, 18 out 2010
O alcalde de Vigo salientou hoxe luns o "legado" que poñen "a disposición de Vigo" os 35 artistas participantes na mostra Vigo é Cor, organizada dentro da programación do Bicentenario da Cidade coa presenza de pintores como Quesada, Silveira ou Magalhaes, entre outros. A exposición abrirase mañá martes no Centro Cultural Caixanova, onde permanecerá ata finais de novembro. Na súa maioría, as obras foron creadas expresamente para a celebración do Bicentenario da Cidade.
luns, 18 out 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou hoxe o novo concerto que acollerá o Auditorio Municipal dentro do programa estable das artes escénicas. Trátase da actuación da Orquestra 430, "coa que iniciamos a colaboración para convertila na orquestra residente do Concello de Vigo", o mércores 20 de outubro ás 20.30 horas. O prezo das entradas é de 5 euros, e segundo informou o concelleiro nacionalista poden adquirirse anticipadamente na web www.laboleria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo da actuación.