Xesus López anuncia que o Auditorio Municipal acolle o mércores un novo concerto a cargo da Orquestra 430
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou hoxe o novo concerto que acollerá o Auditorio Municipal dentro do programa estable das artes escénicas. Trátase da actuación da Orquestra 430, "coa que iniciamos a colaboración para convertila na orquestra residente do Concello de Vigo", o mércores 20 de outubro ás 20.30 horas. O prezo das entradas é de 5 euros, e segundo informou o concelleiro nacionalista poden adquirirse anticipadamente na web www.laboleria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
O concelleiro de Cultura explicou que esta orquestra está formada por profesores e alumnado dos conservatorios de Vigo. Creada no ano 2005 como "Ensemble Vigo 430", partiu coa premisa de crear un núcleo de corda de calidade para xa a partir do 2008 abordar progresivamente o repertorio sinfónico. Na actualidade preséntase en "dous formatos", dixo Xesus López, un de pequena orquestra de cámara con 14 músicos, necesaria para abordar o repertorio barroco, e outra integrada por 43 músicos que compoñen a formación sinfónica.
Sinalou que a orquestra ten como director artístico a Xabier Escobar, presente na rolda de prensa e ao que o concelleiro felicitou polo seu "enorme traballo no eido musical". O seu director musical é Alejandro Garrido, que segundo o director artístico "dota á orquestra de moita personalidade".
Xabier Escobar salientou que o "rasgo fundamental" da Orquestra 430 é que conta "cos novos valores que saen dos nosos conservatorios" e ao respecto anunciou que o concerto a formación ofrecerá o mércores terá como solista un dos músicos que están triunfando "nas orquestras de toda Europa".
Como vicedirector do Conservatorio Profesional manifestou sentirse "orgulloso da axuda exemplar da Concellería de Cultura aos novos músicos". Agradeceu asemade o criterio amosado pola concellería ao "romper a inercia sufrida polos músicos galegos dende hai tempo ao pensar que o mellor sempre viña de fóra.
O programa do concerto do vindeiro mércores está integrado polo Concerto en Do maior para Oboe e Orquestra KV 314 de Mozart e a Sinfonía Nº3 en Mi bemol maior, "Heroica", de Beethoven. A información completa pódese consultar no 010 e en www.vigocultura.org.
Descargar todas as imaxes