venres, 25 set 2009
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres os pregos de condicións para executar as humanizacións da Travesía de Vigo -entre Numancia e Urzáiz-, da segunda fase de POVISA -as rúas Regueiro e Tarragona-, Escultor Gregorio Fernández e Manuel Álvarez; melloras que suman en total 9,5 millóns de euros de investimento en novas humanizacións.
venres, 25 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres a "reforma integral" das rúas San Bernardo e Xuanelo. Son as primeiras dun total de 18 que están a ser remodeladas no Casco Vello con cargo ao Plan Estatal de Investimento Local. No acto, o concelleiro salientou que as obras de reforma contaron cun investimento de 200.000 euros
venres, 25 set 2009
A noite do venres ao sábado entrará en vigor a ordenanza que regula a convivencia cidadá e o ocio no entorno de Teófilo Llorente e a rúa Real, aplicación que será progresiva iniciándose o control esta fin de semana na Praza do Berbés para extenderse en próximas semanas ao entorno. 50 efectivos policiais formarán o dispositivo de prevención na zona.
venres, 25 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, alertou aos escolares de 6º de Primaria do CEIP Pintor Laxeiro do perigo que supoñen as drogas durante a inauguración do programa "Eu son eu". No acto, no que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e responsables da asociación Érguete, o tenente de alcalde asegurou que "hai tantas cousas boas que se poden facer que é unha estupidez caer no mundo das drogas".
venres, 25 set 2009
O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, anunciou este venres que a primeira xuntanza deste comité executivo acordou convocar un concurso aberto para a elección de xerente e da imaxe corporativa da entidade. Tras a reunión o concelleiro subliñou que estes dous acordos "son importantes porque van permitir iniciar xa o traballo da Fundación"