O tenente de alcalde inaugura a reforma das rúas Xuanelo e San Bernando, as primeiras das 18 que se melloran no Casco Vello
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres a "reforma integral" das rúas San Bernardo e Xuanelo. Son as primeiras dun total de 18 que están a ser remodeladas no Casco Vello con cargo ao Plan Estatal de Investimento Local. No acto, o concelleiro salientou que as obras de reforma contaron cun investimento de 200.000 euros
"Estou seguro de que iremos reconquistando o Casco Vello para a cidadanía e de que iremos avanzando igual que os vigueses e viguesas botaron aos franceses pouco a pouco", destacou o tenente de alcalde. No acto, que contou coa participación de varios membros do Goberno e da oposición municipal, así como representantes da veciñanza e o comercio do barrio, o nacionalista sinalou que "o Casco Vello está avanzando e sigue sendo unha aposta do Goberno municipal".
Santi Dominguez explicou que a remodelación das rúas San Bernando e Xuanelo consistiu na instalación de novas redes de saneamento e abastecemento, "para acadar o sistema separativo de augas, moi importante á hora de evitar as inundacións e as molestias aos veciños e veciñas". Tamén supuxo a renovación da rede de alumeado público, "pese a que haxa algúns aos que non lles gusten ou falen de despilfarro", en referenza as críticas expresadas recentemente polo PP. Neste sentido convidounos a achegarse ao Casco Vello a partir das 21.30 horas e "comprobar as diferenzas do alumeado", sen esquecer o aforro enerxético que supoñen as novas farolas "algo moi importante nestes tempos de crise", indicou.
O tenente de alcalde fixo referenza a outro dos elementos modificados, como é o soterramento das liñas de comunicación, "unha vella demanda da veciñanza", asegurou. No tocante á pedra empregada na remodelación, destacou que no último tramo da rúa San Bernardo mantéñense as pedras orixinais. "Nalgunhas zonas era imposible manter a pedra, pero noutras zonas como esta si foi posible e mantivémola", explicou ao respecto.
Santi Domínguez fixo fincapé en que a reforma destas dúas rúas súmase á remodelación de Teófilo Llorente, recentemente inaugurada e que xa é un "centro de negocio posto que nos últimos meses xa hai alugados catro locais máis". O nacionalista lembrou que a comenzo do mandato expresara o seu compromiso de que nesta lexislatura se tiña que visualizar que o Casco Vello avanza. "Teño que dicir con satisfacción que a metade da lexislatura aquela promesa está hoxe cumprida", afirmou. Asemade, o tenente de alcalde manifestou a súa confianza de "seguir contando co apoio da Xunta e do Consorcio do Casco Vello, que foi fundamental nos últimos anos".
Descargar todas as imaxes