martes, 22 setembro 2009

Inaugurada a humanización da rúa Coruña

Este martes o alcalde Abel Caballero inaugurou de xeito oficial a humanización da rúa Coruña. A actuación renovou os pavimentos, as instalacións de alumeado, saneamento e abastecemento, mellora do arborado e o mobilirio urbano. O investimento das obras foi de 1,9 millóns de euros procedentes do orzamento municipal de 2009.

María Méndez subliña que Benestar Social incrementou no 2009 o 40% do orzamento destinado a cooperación

martes, 22 set 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes que o departamento que dirixe incrementou este ano 2009 un 40% o orzamento destinado a cooperación. A edil así o afirmou tras a sinatura dun convenio de colaboración co presidente do Fongo Galego de Cooperación Internacional, Alfredo Novoa, que ascende a 70.000 euros e se destinará ao desenvolvemento dun proxecto de abastecemento e saneamento de auga en Cabo Verde.

Iolanda Veloso presenta o novo programa "Tanto monta, monta tanto" para promover a igualdade

martes, 22 set 2009

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, destacou este martes a necesidade de seguir organizando cursos e obradoiros que promovan a igualdade entre homes e mulleres como é o programa "Tanto monta, monta tanto". A concelleira afirmou na presentación que se trata dunha nova edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2", cuxo periodo de inscrición comeza o vindeiro venres, 25 de setembro, ata completar o número de prazas.

Comezo das actividades da segunda edición do Plan Saúde

martes, 22 set 2009

Unha vez máis, a Concellería de Medio ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo leva a cabo un programa de actividades co obxectivo da mellora da saúde dos cidadáns do municipio.Nesta ocasión, achegase a práctica de tai chi, pilates, ximnasia de mantemento e actividade física saudable ás asociacións que solicitaron participar no programa, xa que un dos obxectivos é facilitar a realización de actividades no propio entorno veciñal e aproveitando os espacios de encontro que usan de xeito habitual.