Escoitar

Igualdade organiza un módulo formativo sobre "Dereito e Relacións de Xénero"

A Concellería de Igualdade abrirá o día 23 o prazo de inscrición para participar no módulo: "Dereito e relacións de xénero" do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta concellería.

luns, 21 set 2009
Contidos:
Os diferentes rostros da Violencia de xénero. Alternativas xurídicas e avaliación dos recentes esforzos lexislativos en pro da igualdade efectiva e, en consecuencia, para a erradicación das distintas formas de violencia de xénero.
O corpo feminino e o seu tratamento xurídico: a reprodución asistida, a interrupción voluntaria do embarazo e a doazón e/ou merca de óvulos.
Os fundamentos do dereito patriarcal. A análise de xénero do fenómeno legal. O dereito antidiscriminatorio e o feminismo. O contrato social e matrimonial. As normas sobre a identidade sexual, a dependencia, o uso do tempo...

Profesorado:
Juana María Gil Ruíz. Profesora Titular de Filosofía do Dereito da Universidade de Granada.
Ascensión Cambrón Infante. Profesora Titular da Facultade de Dereito da Universidade de A Coruña.
Arantza Campos Rubio. Profesora Titular da Facultade de Dereito da Universidade do País Vasco.-Euskal Herriklo Unibertsitatea.

Prazas: 25 prazas gratuítas.
Inscricións: As persoas interesadas en participar deberán realizar unha inscrición previa mediante correo electrónico ofi.muller@vigo.org ou fax 986 430 082 indicando o nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico,. Pódese descargar o impreso en www.igualdadevigo.org

O prazo de inscrición comeza o 23 de setembro e finaliza o 2 de outubro.

Número de horas: 42
Datas e horarios:8,9 e 10 de outubro, 19,20, 21, 26, 27 e 28 de novembro.
Os xoves e venres de 16,00 a 21,00 horas e os sábados de 10,00 a 14,00 h.

Máis información: antes do comezo das sesións a Concellería de Igualdade confirmará as prazas, dando prioridade a aquelas persoas empadroadas no Concello de Vigo.
Máis información sobre o profesorado, os contidos, prazo de inscrición e lugar de realización no tfno. 986 810 284 ou na web www.igualdadevigo.org"