A Xunta de Goberno Local adxudica as obras de emerxencia no estadio municipal de Balaídos
A empresa Oreco S.A. será a encargada de levar a cabo as obras de emerxencia no estadio de Balaídos baixo un presuposto municipal de 1.359.258 euros. O voceiro do Goberno vigués, José Manuel Figueroa, asegurou en rolda de prensa, que os traballos estarán rematados antes de finais de ano.