A Xunta de Goberno Local adxudica as obras de emerxencia no estadio municipal de Balaídos
A empresa Oreco S.A. será a encargada de levar a cabo as obras de emerxencia no estadio de Balaídos baixo un presuposto municipal de 1.359.258 euros. O voceiro do Goberno vigués, José Manuel Figueroa, asegurou en rolda de prensa, que os traballos estarán rematados antes de finais de ano.
Dende que se realizou a auditoría a finais do ano pasado e en reiteradas ocasións, os técnicos advertiron da prioridade das actuacións urxentes no estadio municipal de Balaídos, xa que podían afectar á seguridade das persoas. Así, o Concello declara adxudicadas ditas obras á empresa Oreco S.A., por un importe que ronda os 1.356.000 euros.
José Manuel Figueroa afirmou na rolda de prensa da Xunta de Goberno Local celebrada o luns, que as obras que se levarán a cabo en Balaídos estarán rematadas antes de finais de ano ao tempo que asegurou que "son obras de mantemento da estructura, non de mellora das instalacións".
Benestar Social
Na área de Benestar Social, o Concello estudia un proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Xordos de Vigo para a posta en marcha dun servizo de intérpretes de lingua de signos, baixo un presuposto de 7.662 euros.
Cabe destacar que dende hai cinco anos o Concello leva a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a eliminar estas barreiras de comunicación a través de intérpretes que cubren todos aqueles sevizos que as persoas xordas e oíntes precisan para realizar xestións nalgunha administración pública ou entidade privada. Así, o último convenio asinado coa Asociación de Xordos de Vigo, vixente ata o pasado 6 de maio de 2004, deu conta dun total de 3.002 servizos, cunha media mensual de 130, do que se desprende unha paulatina aceptación na sociedade e nas persoas xordas da figura do intérprete de lingua de signos.
Educación
En educación, a Xunta de Goberno Local tratou a proposta de adhesión ao Convenio marco de colaboración entre a consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega de Municipios e provincias, para regular a distribución dos gastos de funcionamento do centro público integrado, Celso Emilio Ferreiro, do Concello de Vigo. O importe previsto a abonar ao Concello para 2004 é de 36.984 euros. O convenio, fixado para o ano 2004 e sucesivos ata o 2007, non prevé a posibilidade de ser prorrogado.
Patrimonio e Contratación
Outro das propostas tratadas na Xunta contempla a revisión de prezos do contrato de vixiancia e mantemento das instalacións do Verbum, Casa das Palabras, adxudicado a empresa Securitas, Seguridad España, S.A., Securitas tratamento integral de valores, S.A., e Sevicios Securitas, S.A., por aplicación do incremento do IPC da anualidade anterior do contrato.
Turismo
En canto á área de Turismo, o Concello pretende fixar como prezo público para a tarxeta turística "VigoCard", nas súas tres modalidades, as seguintes tarifas:
- VigoCard 24 horas (1 persoa): 6 euros
- VigoCard 48 horas (3 persoas): 12 euros
- VigiCard 48 horas familiar (4 persoas): 15 horas
A tarxeta, turística lanzada dende a concellería de Turismo a semana pasada, posibilitará aos turistas importantes descontos en máis de 80 establecementos da cidade, museos, empresas de turismo activo, transportes ou turismo náutico, así como en restaurantes, bares, cafés e cervexerías.
Xunto ás tarxetas, á venda nas oficinas muinicipais de información turística, no bus turístico e nos hoteis de catro e tres estrelas da cidade, entregarase unha completa guía na que se recolle a descripción e ubicación dos diferentes establecementos adheridos á VigoCard.
A totalidade do proxecto que inclúe un total de 1.000 tarxetas plásticas por cada modalidade, 3.000 folletos-solapa, 1.200 guías, expositores, cartelería e pegatinas, entre outors, ascende á cantidade de 19.318 euros, ademáis dos custos de incorporación da promoción da tarxeta á páxina web de Turismo de Vigo, co deseño dunha páxina propia de publicidade do servizo, que se estima en aproximadamente 2.100 euros.
Descargar todas as imaxes