xoves, 5 febreiro 2004

A alcaldesa aposta pola participación de máis empresas en VIDE

O Padroado da Fundación "Vigo en Deporte" Vide aprobou o balance de xestión do ano 2003 e o proxecto de presuposto para o presente exercicio que se eleva a 800.000 euros. Á xuntanza asistiu a alcaldesa, Corina Porro, como presidenta da Fundación e a concelleira de Deporte, Lucía Morales como vicepresidenta da mesma , así como os socios fundadores Caixanova, Pescanova e PSA Peugeot Citroen.

Remata o prazo para participar nos curso para mulleres "O Noso Tempo"

xoves, 5 feb 2004

O venres, día 6, remata o prazo de inscricións para participar nos cursos do segundo cuatrimestre do programa " O Noso tempo" que organiza a concellería da Muller en colaboración coa vocalía da Federación Veciñas Eduardo Chao e as vocalías e asociacións de mulleres. As actividades van encamiñadas ao fomento do asociacionismo e a participación das mulleres.<br />

Entrega dos premios "Galegas destacadas"

xoves, 5 feb 2004

A asociación de mulleres "Diálogos 90" entregará os premios "Galegas destacadas 2003",no transcurso dunha recepción oficial que se celebrará o sábado 7 de febreiro ás 13:00 nas dependencias da Alcaldía. No acto tamén entregarase a medalla da Asociación Concepción Areal e unha placa conmemorativa do Concello á Marcha Mundial das Mulleres.