Escoitar

O Marco acolle unha exposición de fotografía sobre distintos momentos históricos de España

"Fotografía e Arte. Variacións en España 1900-1980" é o título da exposición que dende o 6 de febreiro ata o 16 de maio pódese visitar no Museo de Arte Contemporáneo.

xoves, 5 feb 2004
1075995212fotograf.jpg
A exposición consta aproximadamente dunha selección de 320 fotografías acompañadas de material documental de apoio: libros, catálogos, revistas e artigos de prensa.

Nesta ocasión trátase dunha síntese da historia da fotografía en España entre 1900 e 1980. O subtítulo "Variacións en España" constitúe o eixo temático da exposición. En efecto, non se trata dunha mostra sobre fotógrafos españois, senón dunha exposición de fotografías realizadas en España (ou sobre España) en distintos momentos históricos, sexan ou non obras de autores estranxeiros, e nisto reside un dos seus grandes valores.

A exposición esta coproducida polo MARCO e o centro Atlántico de Arte Moderno de Las Palmas de Gran Canaria coa colaboración da Fábrica/PhotoEspaña04.
Descargar todas as imaxes