luns, 22 decembro 2003

A Xerencia aproba o plan para a axilización da tramitación de expedientes e o calendario de traballo para a aprobación inicial do PXOM

luns, 22 dec 2003

O Consello da Xerencia de Urbanismo de hoxe aprobou o programa de medidas urxentes para a axilización da tramitación de expedientes na Xerencia Municipal de Urbanismo, un plan que ten por obxectivo que, nun prazo de 6 meses, os expedientes estén ó día e, a partires dese momento se poidan cumprir os prazos legais, é dicir, que as licencias se concedan nun prazo non superior ós tres meses.

A iluminación de nadal amplíase as rotondas

luns, 22 dec 2003

A Alcaldía decidiu a ampliación do alumeado de Nadal en vintecinco rotondas e glorietas da cidade. A actuación realizase a proposta do departamento municipal de Vías e Obras e consiste na instalación de mangueiras de cor branco nos bordes das circunferencias das rotondas.