Escoitar

Programa de actividades para o Nadal

O concelleiro de Animación Sociocultural, Ignacio López Chaves presentou o plan de animación do Nadal que contén actuacións teatrais, concertos de bandas populares, un concurso de rondallas, a cabalgata de Reis e diversos concursos.

venres, 19 dec 2003
1071843239Dsc00012.jpg
As compañías "Chímpete, Chámpata" e "Pablo Nojes" actuarán nas parroquias viguesas, igual que as bandas populares de música de Vigo. O 27 de decembro celebrarase no Centro Cultural Caixanova un concerto de Nadal no que actuarán a coral do Real Club Náutico de Vigo, a coral do CRAC de Valadares e a banda popular "Unión musical de Valladares".

No concurso de rondallas participarán 12 grupos e celebrarase o 1 de xaneiro no pavillón das Travesas. O primeiro premio será de 2.110 euros, o segundo de 1.810 euros e o terceiro de 1.210 euros. As restantes rondallas recibirán 750 euros e haberá un premio especial ao grupo de abandeirados de 300 euros. As bases pódense consultar no rexistro xeral do Concello.

Haberá tamén un sorteo para os nenos que desexen participar na cabalgata e un concurso de redacción co fin de seleccionar os nenos encargados de asistir á recepción oficial dos Reis Magos.

A Cabalgata de Reis, que será retransmitida pola TVG, percorrerá as rúas Camelias, Alvaro Cunqueiro ( marxe dereita), Camelias, Avenida de Castrelos ( finaliza diante do IMD).

Do 2 ao 4 de xaneiro de 2004 celebrarase o Parque Infantil do Nadal de Vigo con xogos, obradoiros, inchables e actuacións para os máis pequenos, no recinto feiral de Cotogrande.
Descargar todas as imaxes