Escoitar

Convenio de colaboración cultural entre o Concello e a Xunta

martes, 25 set 2001
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, e o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xesús Pérez Varela, asinaron hoxe en Santiago un convenio de colaboración para o financiamento do Festival de Música Are More.

A Consellería de Cultura aporta a cantidade de dez millóns de pesetas como contribución para a realización do festival que se desenvolverá no marco dos campos da promoción e colaboración cultural.

O segundo Festival de Música Are More terá lugar en Vigo a partir do próximo día 2º do outubro ata o 21 de decembro. En total, serán 28 concertos que terán como escenario lugares como o antigo cine Fraga, o Conservatorio e a Concatedral.

O Festival conta coa colaboración, ademais da Consellería de Cultura, de Caixagalicia, Citroën, Zona Franca, Augas de Mondariz e Corte Inglés.

A programación do Festival de Música Are More presentarase o próximo xoves día 27.