Escoitar

Reunión dos alcaldes da Mancomunidade de Vigo

martes, 25 set 2001
Os alcaldes da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo estudiarán a posibilidade de incluír dous novos aspectos no borrador de Lei da creación da Área Metropolitana de Vigo. Neste senso, tratarán a posibilidade de discutir coa Xunta de Galicia que este futuro ente supramunicipal posúa a facultade de expropiación e que a Lei de Administración Local non sexa un corsé para o desenvolvemento da Lei da Área Metropolitana.

Asemade, a Mancomunidade tratará na Comisión de Goberno que se celebra o mércores 26, no Concello de Vigo, a presentación do proxecto do PRODER II á Unión Europea.

O Concello de Salvaterra, pola súa banda, pedirá o apoio da Comisión para a creación dun circuíto permamente de velocidade no polígono industrial de Porto Seco.

Otro dos temas que tratarán os alcaldes de Mancomunidade refírese ó programa de cooperación do ano 2001 coa Consellería de Familia, Emprego, Muller e Xuventude.