Ana Gandón presentou a segunda fase do programa ”Aprender a convivir”
A concelleira de Ensino, Ana Gandón, explicou que o programa ”Aprender a convivir” pretende propiciar a convivencia pacífica mediante o debate e a reflexión como forma de resolución de conflictos nos centros de ensino.
Vinte centros de ensino de Vigo adheríronse a este programa que conta con xuntanzas, cursos para o profesorado e xornadas de formación para nais e pais. ”A boa acollida da anterior edición e a repercusión deste programa fóra de Galicia lévanos a presentalo no Congreso de Cidades Educadoras, que se celebrará en Córdoba, ou no Consello Escolar de Asturias”, anunciou Ana Gandón.
O coordinador do programa, Xesús Jares, destacou o feito de que a concelleira enviase, dentro deste programa, unha carta aberta á comunidade educativa a raíz dos atentados dos Estados Unidos para iniciar o curso cunha lección pola paz.
Actividades
1. Segunda xuntanza cos coordinadores/as do Programa dos centros inscritos. Lugar: Instituto Municipal de Educación, día 24 de setembro ás 17,30 horas.
2. Envío a todos os centros do Concello de Vigo, públicos e privados concertados, dunha proposta didáctica e do libro de Jacques Sémelin ”La no-violencia explicada a mis hijas”. É unha proposta para dar unha resposta educativa ao atentado terrorista en Estados Unidos e dalguhas das súas posibles consecuencias.
3. Curso de formación para o profesorado e orientadores/as (2ª convocatoria): ”Conflicto e convivencia nos centros educativos. Estratexias de intervención”. Ten unha duración de 30 horas e está homologado pola Consellería de Educación. As datas de realización do mesmo son: 1, 4, 8, 10, 15, 18, 22, 25, 29 e 30 de outubro en horario de 17,30 a 20,30 h. Lugar de realización: Instituto Municipal de Educación (IME).
4. Curso de especialización para o profesorado e orientadores/as “Conflicto e convivencia nos centros educativos. Especialización”. Ten unha duración de 20 horas, homologado pola Consellería de Educación. As datas de realización do mesmo son: 8, 15, 22, 25 e 29 de outubro, e 5 e 12 de novembro, en horario de 17,30 a 20,30 h. Lugar de realización Instituto Municipal de Educación (IME).
5. Cursos de formación de mediadores/as para estudiantes. O primeiro deles comezará no IES de Teis con estudiantes de segundo de ESO, os días 1, 5, 8, 11 e 15 de outubro.
6. Xornada de formación para nais e pais. Dirixida a todas as nais e pais dos centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria de Vigo. Terá lugar o sábado día 10 de novembro de 10 a 14 horas. Lugar de realización Instituto Municipal de Educación (IME).
7. Segunda xuntanza con responsables de ONGs, asociacións cívicas, sindicatos, MRPs, etc. para ver as súas posibilidades de intervención no Programa.
8. Envío aos centros de propostas e materiais para celebrar a semana dos dereitos humanos, como forma de celebrar o 10 de decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos. Semana do 10 ao 15 de decembro.
Ademais destas actividades, o programa continúa a ofertar os seus servicios de asesoramento e mediación a aqueles centros que o precisen.
Máis información
Descargar todas as imaxes