María Méndez continúa na Asociación Down a rolda de visitas aos diferentes colectivos de Vigo para coñecer a súa realidade
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este luns as instalacións da Asociación Down Vigo no marco da rolda de encontros que está a manter con diversos colectivos da cidade para coñecer de primeira man a súa realidade cotiá. Durante o percorrido que realizou na sede da asociación felicitou os directivos da entidade "polo gran labor que están a desenvolver no eido da discapacidade" e amosou a disposición do Concello para manter a colaboración con esta entidade.
Segundo explicou María Méndez, a colaboración entre a Concellería de Benestar Social e a Asociación Down Vigo plásmase, por unha banda, na cesión dun piso, onde pola semana residen dúas persoas, co que se busca facilitar a vida autónoma dos seus usuarios. Ademais, estas dúas entidades manteñen un convenio de 6.000 euros para desevolver o programa de autonomía.
A Asociación Down Vigo atende a 127 familias e entre as súas principais tarefas figura a preparación das persoas dende que nacen ata a idade adulta, buscando a súa máxima autonomía. Tras o seu paso polos ciclos formativos que se desenvolven nas instalacións, e dende o ano 2007, un total de 36 usuarios gozaron de contratos temporais e sete de contratos fixos en diversas empresas da cidade.
Descargar todas as imaxes