Unha guía editada pola Concellería da Muller ofrece información sobre os servicios e recursos para as mulleres de Vigo
A concelleira Ana Gandón presentou a ”Guía de servicios e recursos para as mulleres de Vigo”, incluída nas medidas establecidas no Plan de Acción Municipal para combater a violencia contra as mulleres.
Esta guía proporciona información sobre os servicios e recursos sociais existentes, de carácter público ou dependentes de asociacións, co obxectivo de dalos a coñecer para súa utilización por parte de usuarios e profesionais que traballen a prol da dignidade e da liberdade das mulleres.
Distribuiranse 1.000 exemplares en centros de saúde, servicios de urxencia, administración pública e xustiza, policías local e autonómica e centros de ensino, entre outros. Fíxose tamén unha tiraxe de 100 exemplares en formato dixital destinados ós servicios que ofrecen os profesionais contra a violencia de xénero.
Esta guía, pertencente á colección ”Nós mesmas”, estructúrase nos apartados de servicios específicos para mulleres, violencia, recursos xerais e movemento asociativo de mulleres.
Servicios específicos para mulleres: Ofrece información pormenorizada dos servicios presentes en Vigo que teñen á muller como suxeito directo de atención.
Violencia: Os recursos e servicios organízanse segundo as categorías de violencia seguindo o circuíto de atención ás víctimas e achégase información descritiva sobre os procedementos de atención e asistencia.
Recursos xerais: Agrupados en distintos bloques de demandas e necesidades sociais das mulleres.
Movemento asociativo de mulleres: Información detallada sobre as asociacións de mulleres activas na nosa cidade e as vocalías da muller das asociacións cidadás.
Descargar todas as imaxes