O proxecto "Imos traballar" formará en 3 anos a 600 desempregados con dificultades de inserción laboral
O goberno local presentou este martes o Pacto Local polo Emprego, participado por empresarios e sindicatos, que analizará nos próximos 6 meses a situación sociolaboral viguesa para elaborar, nas comisións de traballo, os contidos do futuro documento. Además, o Pacto inclúe o proxecto "Imos Traballar", que procura a inserción laboral de 600 desempregados con itinerarios formativos específicos e personalizados.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, presentaron este martes o Pacto Local polo Emprego, impulsado polo Concello e participado por representantes sindicais e empresariais. O Pacto inclúe o proxecto "Imos Traballar" que, cun orzamento de 2,9 millóns de euros, formará a 600 desempregados do área de Vigo con dificultades de inserción laboral durante 3 anos, de cara a acceder a un emprego estable e de calidade.
O Pacto o integran entidades sindicais (UGT, CC.OO. e CIG) e empresariais, como a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra (APE) e a Asociación de Xoves Empresarios de Galicia (AJE). O obxectivo final é redactar e asinar un documento consensuado por todos estes axentes máis aqueles que desexen incorporarse.
O primeiro paso será elaborar unha análise da situación sociolaboral actual, que servirá de punto de partida para as Comisións de Traballo Multisectoriais que se desenvolverán nos vindeiros seis meses. Nas mesmas se definirán as metas e as accións prioritarias en materia de emprego. Concluído o traballo das Comisións, procederase a redactar o documento, elaborado polo Concello e aprobado por consenso.
A metodoloxía pretende acadar un medio para movilizar os recursos locais para a creación de emprego, un instrumento para identificar as actividades susceptibles de crear novos empregos, unhas ferramentas necesarias para planificar a política de emprego en Vigo e uns criterios de avaliación para establecer un proceso continuo de desenvolvemento da política local neste eido.
"Imos Traballar"
Este proxecto, entroncado co Pacto Local polo Emprego, centra a súa actividade formativa nas mulleres en xeral, nos menores de 30 anos, nos maiores de 45, nos parados de longa duración e nos colectivos excluídos, tales como inmigrantes, discapacitados, mulleres maltratadas... O proxecto desenvolverase nun espazo físico pero tamén no seu equivalente virtual, mediante unha PDA que será facilitada aos alumnos. A maior parte das accións formativas se impartirán utilizando o "Area Virtual" do dispositivo.
Esta iniciativa terá un orzamento de 2'8 millóns de euros, financiados por fondos europeos, tras a aprobación da proposta. O proxecto contempla diversos itinerarios formativos relacionados coa prestación de servizos ás persoas con dependencia, como a atención sociosanitaria, coidador de discapacitados ou especialista en atención domiciliaria infantil. Además se desenvolverán cursos transversais de temáticas tan diversas como a seguridade laboral, as técnicas de búsqueda de emprego ou a creación dunha empresa.
A maiores dos itinerarios establecidos, os tutores realizarán outros personalizados, nos que se indique qué formación específica debe recibir o alumno para acadar unha axeitada inserción sociolaboral. Posteriormente ao curso, os tutores farán un seguimento individual ata que o alumno se incorpore ao mercado laboral, sexa por conta propia como allea.
Os 600 alumnos recibirán información, orientación, colaboración e asesoramento técnico na búsqueda de emprego. Ademáis, o proxecto analizará os yacementos de emprego existentes e as necesidades de formación relacionadas con estos; e se evaluará dun xeito constante o grao de cumprimento dos obxectivos, valorando os cursos e determinando se é preciso adoptar medidas de mellora do proxecto.
Hoxe, mellor que o ano pasado
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo unha breve análise dos datos do desemprego na cidade ata xaneiro de 2008. O alcalde salientou que "a taxa de paro na cidade experimentou ao longo do 2007 unha redución de dúas décimas", pasando do 6,8% de xaneiro do 2007 ao 6,6% do mesmo mes de 2008.
Abel Caballero resaltou que as cifras do desemprego de 2007 "son mellores que as do 2002", co que "a desaceleración económica en Vigo non é o suficentemente forte" como para facer caer o emprego. Neste contexto, Abel Caballero afirmou que este é o "mellor momento" para presentar medidas que incentiven o emprego, como é o caso do Pacto Local.
Descargar todas as imaxes