O Enterro do Meco percorrerá, nunha soa volta, as rúas do contorno da Praza de Compostela e rematará na Estación Marítima
O percorrido do Enterro do Meco, que comezará mañá ás 20.00 horas na rúa Policarpo Sanz, constará dunha soa volta, e non de dúas como estaba previsto, co obxectivo de non alongar excesivamente o traxecto.
Deste xeito, a comitiva velará as cinzas do Meco na praza da Constitución dende as 18.30 horas, mentres que as comparsas estarán dispostas na rúa Policarpo Sanz a partir das 19.00 horas. Posteriormente, o desfile do cortexo percorrerá a rúa Colón, a praza de Compostela e as rúas García Olloqui e Cánovas del Castillo, para chegar, finalmente, á Estación Marítima, onde se realizarán os responsos, o sepelio e a lectura do testamento do Meco, xusto antes da lectura da acta do xurado dos premios do concurso de comparsas, carrozas, coplas e disfraces.
No día de hoxe, Martes de Entroido, as actividades, dirixidas a público de todas as idades, darán comezo ás 16.00 horas na praza do Rei, onde haberá un concurso de repostería típica destas datas, así como un concurso de disfraces. Xa pola noite, a desentronización do Meco terá lugar na praza da Constitución ás 23.30 horas, mentres o xuízo, a sentenza e a queima do Meco será ás 23.45 horas na Praza do Rei. Pola súa banda, de 22.30 a 02.00 horas, na Porta do Sol haberá unha verbena amenizada polas orquestras Gran Parada e La Bambola.