Escoitar

A IV escola obradoiro "Mar de Vigo" formará a 40 xoves menores de 25 anos

A Escola Obradoiro, ubicada en Coruxo, formará aos xoves en especialidades do naval nas súas vertentes tradicional e de novas técnicas de construción. O Concello de Vigo pon en marcha este proxecto coa colaboración da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, cun orzamento superior aos 750.000 euros.

luns, 4 feb 2008
120213526320080204_MarDeVigo_03.jpg
O Concello de Vigo, en colaboración coa Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo, puso en marcha este luns o cuarto proxecto da Escola Obradoiro "Mar de Vigo", dirixido á formación de xoves menores de 25 anos ligada á construcción naval, de cara a súa futura inserción no mercado laboral.

O proxecto, que deu comezo o 28 de decembro e terá unha duración de 18 meses, educará a 40 xoves nas tradicionais e novas técnicas de construcción naval, a primeira coa recuperación do patrimonio marítimo e a segunda coa utilización, como material de construción, dos laminados de madeira, completándose a escola cunha especialidade ligada á preparación e manexo das embarcacións.

O desenvolvemento do proxecto terá lugar en tres fases. Unha primeira de 6 meses durante a cal os/as alumnos/as reciben unha formación básica no coñecemento e manexo da ferramenta, e durante a que perciben, a modo de axuda, unha bolsa de desprazamento. E dúas fases de 6 meses de duración cada unha, nas que a formación se plasma na concreción da obra elaborada durante o proxecto. Nestas dúas fases os/as alumnos/as son contratados polo Concello coa modalidade de "contrato de formación".

O orzamento do proxecto supera os 750.000 euros, na súa maior parte aportados por unha subvención da Xunta de Galicia. Dos 40 alumnos/as, 14 se formarán na especialidade de carpintaría de ribeira, outros 14 na de construción naval en laminados de madeira, e os 12 restantes na especialidade de actividades náuticas.
Descargar todas as imaxes