Ultímanse os preparativos para o VIII Revoltallo de Música Emerxente
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, presentou o Revoltallo de Música Emerxente enmarcado nas actividades do programa ”Verán Xove” e organizado pola asociación Xuntanza Xuvenil e polo Centro Veciñal e Cultural de Valadares. Celebrarase do 13 ó 19 de agosto no Monte dos Pozos.
Este evento será o colofón ó concurso de maquetas que posibilitou que se desen a coñecer novos grupos vigueses e esta será unha ocasión máis para comprobar que os mozos saben de música alternativa, explicou o concelleiro.
Os organizadores anunciaron que o compoñente de Berrogüetto, Anxo Pintos, será o encargado de presentar o festival. A entrada e a acampada serán libres. O cartel foi deseñado por Diego Carracedo.
Grupos de distintos estilos musicais alternativos procedentes de Santander, Sevilla, Madrid, Bilbao, Guipúzkoa e de diversos puntos de Galicia actuarán no festival.
Durante toda a semana haberá actividades paralelas como xogos celtas, obradoiros, mercados, sendeirismo, quadas, mostra de vídeo, curso de iniciación ó coiro, warhamer e partidas de rol, entre outras.
Un desfile de modelos de novos deseñadores, teatro, slot (Scalextric), contacontos e unha xuntanza informática son algunhas das propostas que se van desenvolver ademais dos concertos.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes