Escoitar

Lois Castrillo e Xosé Cuíña asinan un convenio de colaboración para a rehabilitación do Casco Vello

xoves, 2 ago 2001
imx507.jpg
Edificios do Casco Vello
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, e o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Xosé Cuíña, asinaron un convenio de colaboración para a rehabilitación de 40 vivendas do Casco Vello.

Este acordo servirá para impulsar, desde o punto de vista residencial, o aumento de poboación nova nesta zona e a mellora da calidade de vida dos seus habitantes de cara a facer do Casco Vello un referente da cidade, explicou Castrillo.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo, dependente da CPTOPV e o Ministerio de Fomento achegarán cada un 24 millóns de pesetas das 187.550.450 pesetas necesarias para a rehabilitación das vivendas. Os propietarios faranse cargo do resto do investimento (139.550.450 pesetas).

O Concello de Vigo actuará como ente xestor e encargarase da promoción das actuacións e de determinar un procedemento de distribución dos recursos que asegure os principios de obxectividade, concorrencia e publicidade.

Este é o terceiro convenio para a mellora de vivendas no Casco Vello de Vigo. Os anteriores, asinados en 1999 e 2000, permitiron a rehabilitación de 50 vivendas, cun orzamento total de 363 millóns de pesetas.

Descargar todas as imaxes