Catrocentos rapaces participan no campamento urbano
As asociacións Abertal e Xentenova organizan, en colaboración coa Concellería de Xuventude, o campamento urbano que desde o pasado luns e ata o venres 10 de agosto ofrece diversas actividades temáticas destinadas a rapaces de 8 a 14 anos. Hoxe, día dos Piratas e Bucaneiros, os participantes desprazáronse ata a praia de Liméns.
O campamento urbano é aberto e libre, xa que os rapaces poderán participar en todas ou só naquelas actividades nas que lles interese asistir, e ten carácter gratuíto. As sesións realizaranse en horario de 10:00 a 13:30 e de 17.00 a 20:00 horas. Os rapaces irán a comer e a durmir a casa, agás os días de excursión que comerán no campamento.
Os obxectivos que se pretenden acadar son ofertarlles ós nenos da cidade un tempo de lecer educativo e de calidade, que favoreza o desenvolvemento de valores humanos e hábitos saudables de vida, desde un clima de diversión e de entretemento.
É tamén un campamento de integración, fomentando a participación de colectivos en situación de marxinalidade e dándolles a oportunidade ós nenos que por motivos de estudio, económicos ou familiares non poden disfrutar das vacacións de verán sen necesidade de saír de Vigo.
Preténdese, así mesmo, axudarlles ós nenos a descubrir as posibilidades que lles oferta a cidade, dándolles a coñecer as instalacións cidadás e realizando nelas actividades e xogos de cara a motivar un uso positivo e creativo do tempo libre na cidade.
Daranse a coñecer os colectivos e organizacións que traballan en Vigo e concienciarase á sociedade da importancia das actividades educativas de tempo libre e fomentar a implicación de particulares e de empresas na proposta do campamento urbano.
Actividades de mañá
Mércores, 1 de agosto: Día dos Piratas
Xoves, 2 de agosto: Día do Terror
Venres, 3 de agosto: Día da Aventura
Luns, 6 de agosto: Día dos Detectives
Martes, 7 de agosto: Día do Oeste
Mércores, 8 de agosto: Día da Xuntanza
Xoves, 9 de agosto: Día da Comedia
Venres, 10 de agosto: Entrega dos Goya
Actividades de tarde
Polas tardes realízase unha oferta libre, de xeito que son os rapaces os que realizan a escolla entre as actividades propostas.
-Xogando en equipo
-De merenda por Vigo
-Vigo verde
-Obradoiros de manualidades
-Concurso de fotografía
-Escenario aberto
-Piscina
-Obradoiro musical
-Ludoteca urbana
Descargar todas as imaxes