Carlota Álvarez Basso será a directora técnica do proxecto para o Museo de Arte Contemporánea
A Comisión de Selección do director técnico encargado da elaboración, seguimento e implantación dun proxecto de xestión para o Museo de Arte Contemporánea realizou os exames práctico, de coñecemento de idiomas e maila entrevista persoal a Carlota Álvarez Basso, a única dos aspirantes que cumprían os requisitos e que se personou á convocatoria celebrada hoxe.
Na lectura do exame práctico en sesión pública, a candidata explicou que a colección do museo deberá delimitar o marco cronográfico, temático e xeográfico atendendo ás correntes artísticas. Unha colección viva e atractiva cambiada con regularidade servirá de reclamo para atraer os visitantes, dixo, e deberá contarse co patrimonio existente.
O museo deberá contar cun departamento didáctico que inclúa a organización de talleres e mesas redondas co obxectivo de realizar unha aproximación do público á arte contemporánea.
O centro de documentación disporá dunha mediateca de doado acceso e dun escenario para que os artistas vigueses poidan exhibiren a súa obra creativa.
O programa editorial do museo servirá para promocionar as actividades emprendidas mediante publicacións de calidade.
Coa creación dunha ”Asociación de Amigos do Museo” captarase o interese e mailo apoio de particulares, cunha actitude activa e integradora, que sexa quen de xerar recursos propios. A financiación deberá ser mixta, con apoio municipal e das entidades privadas viguesas, cunha xestión aberta e áxil de cara a optimizar recursos. Carlota Álvarez Basso confía en que o futuro da cultura debe estar na coproducción.
Unha cafetería servirá de lugar de encontro e destacará pola orixinalidade das propostas que se ofrezan.
En canto ó organigrama, este deberá ser aberto e dinámico, propio dun museo integrador, de carácter internacional, actual, áxil, productor e promotor de cultura.
Carlos González Príncipe explicou que a candidata captou o desexo da Corporación e do Goberno municipal de facer do museo un sinal de identidade do Vigo do século XXI. En pouco tempo, explicou, haberá en Vigo sete centros en menos dun Km2 que ocupararán 35.000 m2 destinados á cultura, o que supón a meirande proporción existente de Europa.
As cualificacións outorgadas polos membros da Comisión de Selección foron, por unanimidade, de oito puntos sobre dez, na proba práctica, engadidos á puntuación máxima na proba de coñecemento de idiomas e da entrevista persoal.
Carlos González Príncipe presidiu a Comisión de Selección, Ignacio Oliveira López actuou como secretario e Berta Guarner García, interventora municipal, María de Corral y López Dóriga, foi a persoa de recoñecido prestixio con experiencia directiva en centros de arte contemporánea, e Fernando Gil Sinaga, o especialista en arte contemporánea proposto pola Asociación Galega de Artistas Visuais.
María del Corral explicou que é a primeira vez que en España se fai un concurso aberto e público para designar o director dun museo e felicitou publicamente o Concello de Vigo por este feito. Pola súa parte, Fernando Gil dixo que este modelo de selección deberá servir de exemplo como un comportamento transformador que favorece a instauración dunha meirande democracia na escolla das persoas que ocupen cargos en centros culturais no futuro. Coincidiron, asemade, no módico presuposto destinado á construcción do Museo de Arte Contemporánea en comparación con outros de recente elaboración en España ou Europa.
Descargar todas as imaxes