O Concello inicia a limpeza de gabias nas zonas rurais
A Concellería de Limpeza comezou esta semana actuacións nas zonas rurais, dentro do Plan de Choque que se está executando en toda a cidade, e que comprende a limpeza de camiños e gabias.
O ámbito de prestación deste servicio abarca a zona rural que se dividiu en cinco áreas de actuación. A zona A comprende os barrios de Teis, Cabral, Saiáns e Coia. A zona B corresponde a Candeán, Sampaio, Coruxo e Navia. A zona C abarca San Xoán, Comesaña, Alcabre e Freixeiro. A zona D limítase a Matamá, Valadares, Sárdoma e Beade. A zona E corresponde a Castrelos, Zamáns, Lavadores e Bembrive.
Para desenvolver estes labores de limpeza cóntase con traballadores en quendas de mañá e de tarde. A quenda de mañá conta con tres equipos dotados cada un deles cun tractor, de brazo desbrozador e un vehículo brigada de elementos de limpeza como desbrozadoras manuais, palas, rastrillos e cubos. A quenda de tarde está composta por un equipo coa mesma dotación de maquinaria.