Escoitar

A Mostra do Traxe Tradicional Galego exhibirá 26 indumentarias distintas na praza do Rei

venres, 3 ago 2001
imx512.jpg
Programa
A décima edición da Mostra do Traxe Tradicional Galego, organizada pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural a través da Escola Municipal de Danza, celebrarase o sábado 4 de agosto a partir das 22:30 na praza do Rei.

A concelleira Isaura Abelairas explicou que este evento é a culminación da programación iniciada coa organización do Día da Muiñeira e do Enxalzamento do Traxe e organízase cos obxectivos de conservar e difundir os traxes populares.

Ademais dos 26 traxes que se amosarán, na súa maioría propiedade dos particulares, actuará a Escola Municipal de Danza, dirixida por Wenceslao Cabezas ”Polo”, e as bandas de gaitas Bene Vivere e Ledicia, dirixidas por Hipólito Cabezas Gómez.
Descargar todas as imaxes