Abel Caballero recibe a insignia de ouro da Enxebre Orde da Vieira
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves a insignia de ouro da Enxebre Orde da Vieira, durante a celebración capitular de carácter extraordinario mantida este xoves por esta agrupación galega no Centro Social Caixanova.
![1186665300insignia0090807.jpg 1186665300insignia0090807.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1186665300insignia0090807.jpg)
Caballero, que forma parte da Orde desde 1987, recibiu a mencionada distinción xunto coa escritora María do Carme Kruckemberg, no transcurso dunha xuntanza coa que a Enxebre Orde da Vieira celebrou o seu cuadraxésimo aniversario.
A Enxebre Orde da Vieira está formada por uns 2.500 galegos ilustres residentes en máis de 25 países, cun peso importante do colectivo de galegos afincados en Madrid. O seu obxectivo é favorecer os intereses xerais e a imaxe de Galicia no mundo, seguindo o lema de "Lembranza e amizade".
Descargar todas as imaxes