Escoitar

Alcabre e Cabral contarán con novos espazos sociocomunitarios

A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, anunciou que proximamente comezarán as obras da segunda fase de Rehabilitación da Antiga Reitoral de Alcabre e do Centro Sociocultural en Feira-Cabral, toda vez que o próximo 21 de maio remata o prazo para a contratación por procedemento aberto das obras.

martes, 15 mai 2007
1179230593alcabre.jpg
Antiga Reitoral de Alcabre
As citadas actuacións pretenden dotar ás veciñas e veciños de Alcabre e Cabral de novos espazos sociocomunitarios nos que poidan desenvolver as actividades socioculturais que as súas asociacións programen.

As inversións totais dos proxectos acadan os 500.000,00 € para a Antiga Reitoral de Alcabre e os 350.000,00 € para o Centro Sociocultural A Feira.

O espazo de Antiga Reitoral de Alcabre constará dos seguintes elementos: semisótano, cun vestíbulo, aseos, dúas aulas e un despacho, cun total de 200 m2; a planta baixa, cun vestíbulo xeral, unha aula de usos múltiples, a administración, unha sala de reunións e un despacho, cun total de 200 m2; e o aproveitamento baixo cuberta, que con 142 m2 consta dunha sala de informática, un vestíbulo, un despacho e un almacén.

O Centro Sociocultural Feira-Cabral, realizada na 1ª fase o semisótano, no que se sitúan distintas aulas, o almacén e a caldeira e o deposito, cun total de 116 m2; e a planta baixa, cunha sala de xuntas, 2 aulas de música, 4 despachos administrativos, os aseos e o almacén, cun total de 360 m2, queda para esta 2ª fase a construción da sala de usos múltiples-auditorio.

As actuacións, levadas a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra, son o resultado das xestións realizadas polo Concello de Vigo a través da área de Participación Cidadá. O prazo de execución e remate das obras está previsto para dentro de seis meses a contar desde a súa adxudicación.
Descargar todas as imaxes