Escoitar

A Xunta de Goberno destina 362.000 euros a reparacións ordinarias nos colexios

O Concello destinará uns 362.000 euros a reparacións ordinarias nos centros públicos de Educación Infantil e Primaria de Vigo durante 2007. Esta cantidade, aprobada hoxe luns pola Xunta de Goberno Local, será xestionada polos propios centros.

luns, 12 mar 2007
1173709162xunta120307.jpg
A achega municipal deberá ser empregada nas reparacións de alarmas, carpintería, fontanería, pintura, soldadura, albanelería e noutras accións como a limpeza non contratada, o baleirado de fosas e a limpeza de depósitos de auga, así como no coidado dos xardíns dos centros escolares.

O Concello entregará á dirección de cada colexio a cantidade asignada en dúas partes iguais, a primeira no mes de marzo e a segunda no mes de xullo.

Ademais, a Xunta de Goberno Local aceptou as bases da convocatoria para a concesión de axudas destinadas á mellora das condicións de habitabilidade das vivendas en 2007. O Goberno municipal autorizou un gasto de 14.875 euros, dos que a metade (7.438 euros) corresponderán á achega que o Concello realizará con este fin. A outra metade seralle solicitada á Deputación de Pontevedra.
Descargar todas as imaxes