Escoitar

O Concello de Vigo recibe o premio "Mundo Empresarial Europeo"

O Concello de Vigo é unha das institucións galardoadas nos X Premios "Mundo Empresarial Europeo", en recoñecemento á súa aposta por unha reforma integral dirixida á creación dun novo modelo de cidade. Para facer realidade esta aspiración, o Concello xestionou nos últimos tres anos cerca de 200 millóns de euros en investimentos.

luns, 12 mar 2007
1173707426coellopremios.jpg
O galardón foi recollido o pasado xoves no Hotel Husa Chamartín de Madrid polo concelleiro de Tráfico e Seguridade, Antonio Coello, de mans do ministro de Industria, Turismo e Comercio, Joan Clos i Matheu.

A publicación "Mundo Empresarial Europeo" concede dous premios por Comunidade Autónoma: ao labor desenvolvido por un organismo (premio que esta edición recaeu no consistorio vigués) e a unha empresa que, no caso da nosa comunidade, recaeu en Caixa Galicia.

Na lista completa de premiados sobresaen organismos como a Cidade das Artes e das Ciencias da Comunidade Valenciana, Barcelona Activa e Fomento de San Sebastián.

En canto ás empresas recoñecidas no listado das comunidades autónomas destacan Bilbao Ría 2000, Iberia (pola Comunidade Autónoma de Madrid) e a Cámara de Comercio de Santa Cruz de Tenerife.
Descargar todas as imaxes