Escoitar

Inicio do programa "Con T de Teatro"

O Auditorio Municipal vai ser o escenario onde se representarán, a partir do 10 de febreiro, as obras do programa "Con T de Teatro", destinadas todas elas ao público familiar. As representacións realizaranse os sábado ás 18 horas , con entradas a tres euros para os adultos e a dous para o publico infantil ata os 12 anos.<br />

venres, 9 feb 2007
1171026354cartelcontedeteatro.jpg
Durante a presentación deste programa, hoxe venres no Concello, o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves salientou que o Concello ten unha programación teatral composta por 120 obras, o que significa que cada tres días se representa unha obra de teatro nalgún punto do municipio. O concelleiro lembrou, ademais, a variedade desta programación, con propostas que van do teatro clásico ao alternativo, pasando polo destinado aos nenos e adultos

"Con T de Teatro" bota a andar neste semestre o 10 de febreiro e chegará a súa fin o 9 de xuño e lembramos que se trata da programación municipal de teatro para público familiar dentro da rede galega de teatro.

Programa

10 de febreiro: "A lampariña de cristal" da compañía Teatro Liló
24 de febreiro: "Ferdinando", Teatro de la Luna
17 de marzo: "Nadarín", Títeres Trompicallo
31 de marzo: "A viaxe de EFI", da compañía La Imagina Machina
12 de maio: "Qué pasa na praza! , de Pablo Nojes e Páproka
26 de maio: "Trastos Vellos", Títeres en Acción.
9 de xuño: "Buh!" da compañía Borrobambán
Descargar todas as imaxes