Escoitar

Corina Porro recibe o reitor da Universidade de Bretaña Sur

A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe xoves un encontro protocolario co reitor da Universidade de Bretaña Sur, o señor Eric Martín. Ao encontro asistiu tamén o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area.

xoves, 8 feb 2007
1170941167reitor080207.jpg
A Universidade de Bretaña Sur foi creada en febreiro de 1995, dirixida especialmente á profesionalización da economía, á xestión, ás ciencias tecnolóxicas e ás linguas. Na actualidade conta con 7.763 estudantes e ten as súas sedes en Vannes, Pontivy e Lorient, onde está a súa Presidencia, equivalente ao noso Reitorado. Os estudos concéntranse en tres faculdades, un instituto universitario tecnolóxico, unha escola de enxeñería e unha escola de doutorado.

Desde setembro de 2004, a Universidade de Bretaña Sur especialízase nas seguintes disciplinas: Dereito, Economía, Xestión, Letras, Linguas, Ciencias Humanas e Sociais e Tecnoloxía e Saúde. Apesar de ser unha universidade de recente creación, a importancia desta Universidade de Bretaña Sur tense incrementado grazas aos numerosos doutorados que expide.

A cidade de Lorient

Situada ao oeste de Francia, Lorient é a capital do distrito de Morbihant e coñécese tamén como a "cidade dos catro portos" (que son o comercial, o militar, o pesqueiro e o turístico), isto debido á súa especial situación nunha gran rada, na que desembocan os ríos Scorf e Blavet. Lorient ten actualmente arredor de 90.000 habitantes e é cabeceira dunha mancomunidade integrada por Lannester, Larmor, Hennevon, Ploemoeur e Portlouis.

Lorient irmandouse con Vigo en 1982 e nos primeiros anos despois deste acordo realizáronse intercambios escolares e de exposicións artísticas. Porén, desde hai anos as relacións entre as dúas cidades decaeron considerablemente.
Descargar todas as imaxes