Escoitar

A natureza galega no Verbum

Durante os domingos do mes de febreiro, en horario de 12 a 13.30 horas, o Verbum organiza tres obradoiros creativos sobre a natureza de Galicia, organizados pola empresa de educación ambiental Estela, Loxística e Proxectos. Estas actividades están dirixidas a todos os públicos, especialmente ás familias.

venres, 9 feb 2007
1171020546naturezagalega.jpg
O obxectivo destes obradoiros é dar a coñecer, a través dun audiovisual introdutorio e dunha serie de actividades manuais, os diversos ecosistemas que existen en Galicia.

O primeiro deles tratará os bosques, que terá como protagonistas os carballos, os castiñeiros, as aveleiras, os ferreiriños, os gaviáns, os teixugos, os ratos, os corzos, os xabarís e os osos; o segundo obradoiro tratará o medio mariño e o terceiro as lagoas, os ríos e as ribeiras.

A través dunha serie de imaxes e sons naturais preténdese que o público tome parte, de xeito interactivo, nos devanditos obradoiros. Desta forma, os participantes poderán coñecer que en Galicia a diversidade biolóxica leva aparellada unha diversidade lingüística, froito da tradicional relación do home e a natureza.
Descargar todas as imaxes