Vigo completará o saneamento de todo o municipio o vindeiro ano
O Goberno municipal pretende rematar neste mandato a execución dun dos seus proxectos prioritarios: levar o servicio de saneamento de augas residuais a todo o municipio, o que o converterá no primeiro concello de Galicia en ofrecerlle este servicio a todos os seus veciños.
O Concello xestionou fondos da Unión Europea que lle permitiron comezar xa obras de ampliación da rede de saneamento por un valor de máis de quince millóns de euros. Esas obras, que se están a executar nestes momentos, levarán o servicio de saneamento a unhas dúas mil familias de Comesaña, o Freixo, Bembrive, Lavadores, Oia, Matamá e Coruxo. Ademais, existe un compromiso da Xunta de Galicia de licitar este ano a obra de ampliación do saneamento de Beade, Zamáns e Valadares, proxecto avaliado en máis de nove millóns de euros.
A esas obras, sumaranse as aprobadas hoxe pola Comisión de Goberno, que decidiu asinar un convenio coa UTE concesionaria do servicio de abastecemento e saneamento de auga para que execute un conxunto de proxectos de ampliación de saneamento que suporán un investimento de 6.477.912 euros.
A execución destes novos proxectos realizarase entre abril deste ano e xullo do ano que vén. Iso supón que neste mandato investiranse en saneamento nas parroquias de Vigo ao redor de 30 millóns de euros, que son case 5 mil millóns de pesetas. Dese xeito acadarase o obxectivo de ter completamente saneado o municipio, o que en palabras do concelleiro Xavier Toba, constitúe un exemplo para todos os concellos da nosa comunidade.
As parroquias que se beneficiarán deste novo paquete de proxectos aprobados pola Comisión de Goberno son: Castrelos, Sárdoma, Cabral, Saiáns, Alcabre e Navia.
As obras serán realizadas pola concesionaria do servicio de abastecemento e saneamento de auga porque no prego de condicións polo que se adxudicou o servicio se establece que a empresa concesionaria ten que realizar obras de ampliación, renovación ou mellora do servicio en función de programas de investimento aprobados de común acordo entre Concello e concesionaria. De feito esta fórmula xa se utilizou en moitas ocasións anteriores.
O concelleiro de Vías e Obras, Uxío González, sinalou que o novo paquete de obras se financiará a través dos fondos conseguidos co cobro das cotas de enganche das vivendas que xa se conectaron ao saneamento en anos anteriores, uns 3 millóns de euros, e cos ingresos procedentes do enganche á rede das vivendas que se van beneficiar dos proxectos que xa están en execución. Segundo Uxío González, a boa xestión do actual Goberno é a que permite conseguir os fondos necesarios para afrontar o saneamento integral de Vigo.